Os estudantes do 2º curso do ciclo superior de Dirección de Cociña e tamén do 2º curso do ciclo medio de Cociña e Gastronomía do CIFP Paseo das Pontes ofertaron durante varios meses a través da súa miniempresa Gastroescola servizos de comida adaptados a distintos perfiles ademais de vender produtos de pastelaría e pizzas que produciron eles mesmos e encargos para casa.

Gastroescola, que se alzou co terceiro premio do concurso de miniempresas, adícase polo tanto á realización de eventos gastronómicos e tamén á elaboración e venda de produtos de pastelaría, repostaría, e petiscos salgados no centro, xa que non se conta con cafetaría.

Como en calquera empresa de restauración, para levar a cabo a súa actividade, os participantes de Gastroescola subcontrataron servizos especializados de apoio na produción pasteleira, decoración, lavandaría e servizos de restauración a alumnado doutros ciclos. Así, os estudantes do ciclo medio de Servizos en Restauración encargaronse de servir as mesas, os de FP Básica de arranxos a deseñar a imaxe corporativa e os de FP Básica de Aloxamento a planchar os manteis e demais roupa de cociña. En total, todo o persoal do proxecto ascende a 126 estudantes.