O humor de verán do Land Rober Holidays Show trasládase ás noites dos luns, en que os espectadores seguirán divertíndose cos mellores sketchs e situacións cómicas a cargo de Roberto Vilar, Eva Iglesias e Xosé A. Touriñán.

Nesta ocasión, os protagonistas meteranse en gasto nunha xoiería, un pobre home descubrirá que é estéril despois de ter nove fillos e os Xubilados estarán coa diva preferida do programa, Carmen Lomana.