Despois de máis de 200 sábados percorrendo a xeografía galega, descubrindo os recunchos máis espectaculares e as festas máis concorridas, o programa Aquí Galicia non só non marcha de vacacións este verán, senón que estende o seu tempo ás tardes de luns a venres. Bautizado como Aquí Galicia Tour, será presentado tamén por Lucía Rodríguez. Aquí Galicia Tour estará cada tarde en directo nunha localidade galega protagonista desta época estival.

O destino deste luns será a vila coruñesa de Pontecesures, que celebra a Festa do Churro, enmarcada nas festas patronais do Carme. Establecerase conexión co reporteiro Duarte Galbán, que narrará como se vive o ambiente. Pola súa parte, Tania Veiras traerá reportaxes de como se vivirton as festas durante a fin de semana.