Despois dunha fin de semana de festa en Sabucedo (Pontevedra) a Rapa das Bestas chega a súa fin este luns, co Curro Solidario. O programa da Televisión de Galicia (TVG) mostrará en directo o colofón da festa, os cales beneficios irán destinados de xeito íntegro ao Banco de Alimentos de Pontevedra. A Revista falará cos organizadores e participantes dunha das festas máis tradicionais da comunidade galega.

No eido das entrevistas, falarán coa xornalista Loli Gómez os protagonistas do novo programa da canle autonómica Malo Será!. Federico Pérez e Marcos Pereiro contarán como será o espazo novo que se estrea na TVG o xoves vindeiro, e que xira arredor dos sketches de humor por teatros de toda Galicia.