O avogado coruñés Xoán Antón Pérez-Lema, vén de presentar un escrito de alegacións perante o Xulgado do Mercantil número 2 de A Coruña, no que rexeita a pretensión dunha das partes contrarias, Adecco Outsourcing SAU, de que todos os escritos se traduzan ao castelán e se presenten só nese idioma. "Se non nos opoñemos a este requerimento estariamos baleirando de contido a cooficialidade lingüística e os dereitos lingüísticos de avogados, procuradores, partes, testemuñas e peritos", argumenta Pérez Lema.