Televisión de Galicia (TVG) ofrece esta noite un especial sobre o Resurrection Fest 2018. Todo o que aconteceu neste festival de música que invadiu con máis de 80.000 fans a vila de Viveiro os días 11, 12, 13 e 14 de xullo.

Neste certame de proxección internacional cada ano supera as expectativas do anterior, en artistas e en participación. Na décimo terceira edición, o Resu contou coa presenza de grupos como Kiss, Scorpions, Ghost Stone Sour, Megadeth e Prophets of Rage, un cartel con case un centenar de bandas que encheu a vila galega de seguidores de todo o mundo, cousa que tamén se verá reflectido no especial deste luns.

Este festival é o primeiro en alzarse o selo de Galicia Calidade, un dos maiores recoñecementos da nosa comunidade, que vén celebrándose desde o 2006 en terras galegas e baixo a batuta de dous viveirenses. A día de hoxe é o maior festival hardcore/punk e metal da península e, mesmo, do continente europeo.