A Revi sta da TVG terá este xoves un gran sabor cinéfilo, posto que estará en directo na rodaxe na nova película de Óliver Laxe, chamada Aquilo que arde. O director coruñés, premiado en dúas ocasións no Festival de Cannes, roda por vez primeira unha longametraxe en Galicia. O magazine da canle autonómica estará en directo dende Navia de Suarna, e amosará a realidade dunha rodaxe dende dentro. Falará ademais co director e actores protagonistas.

O programa de hoxe tamén estará centrado nos festivais de música. En primeiro lugar, o espazo mostrará o cartel e preparativos do Atlantic Fest, que se desenvolve na Illa de Arousa esta fin de semana. Ademais, para falar do Festival Vive Nigrán, estará no estudio o seu codirector, Manuel Araújo. O representante falará dos 20 artistas que actuarán na segunda edición do festival, que ten a Sidonie como cabeza de cartel.