Os mellores surfeiros do mundo danse cita esta semana na praia de Valdoviño, en Ferrol, onde se celebra durante esta semana o Pantín Classic. Na súa 31ª edición, reúne surfeiros de todas as idades, nun campionato que atrae cada ano máis participantes e visitantes, converténdose en referencia neste deporte. Ademais do surf, o programa estará en directo por toda a zona, onde se situaron, tendas, food-trucks, espazos para facer deporte ou mesmo concertos. A Revista da Televisión de Galicia (TVG) falará con surfeiros e organizadores para amosar como é por dentro o Pantín Classic Galicia.

No eido das entrevistas, estará no programa o presidente da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias, Benito Iglesias, que falará da situación no mercado na nosa comunidade e do aluguer de vivendas para estudantes.

Tamén visitará A Revista Marisa López García, a directora do Centro de Transfusión de Galicia. Entre outras cuestións, falará de como doamos os galegos e de que grupos se precisan máis nestas datas. Seguindo co eido sanitario, estará no espazo da TVG o xefe da Unidade de Lesionados Medulares da Coruña, Antonio Rodríguez. Sotillo, que achegará a súa experiencia sobre este tipo de lesións. Por último, Moncho Lemos comentará as últimas novidades da carteleira do cinema.