A tempada de vendimas xa comezou en case toda Galicia e os viticultores agardan unha boa colleita tras un verán bastante solleiro. A Revista da Televisión de Galicia (TVG) amosará hoxe en directo como se desenvolve a vendima nas Rías Baixas, onde o Albariño é a denominación máis destacada. O programa estará na Adega Rectoral do Umia, en Ribadumia, desde onde lles explicará a todos os espectadores como se vive a vendima . Tamén haberá tempo para o ocio no programa da canle autonómica, posto que, na segunda das conexións en directo, os reporteiros desprazarase ata o Festival Mar de Mares, que ten lugar na Coruña. Ademais de pola música ou gastronomía, este festival destaca pola súa defensa do medio natural, especialmente dos nosos mares. Terán lugar exposicións ou charlas para concienciar, que se amosarán en directo no espazo da Televisión de Galicia (TVG).

Xa de volta no estudio, hoxe serán protagonistas dúas estreas na grella da TVG, o Fun Polo Aire e o Vin Polo Vento, dous programas en que prima o entretemento e que amenizan as tardes dos espectadores da TVG. Susana López, presentadora de Fun Polo Aire, e Nieves Rodríguez, de Vin Polo Vento, contarán todos os detalles dos seus novos espazos.

Ademais, Moncho Lemos fará un repaso polas estreas máis recomendables da carteleira cinematográfica.