O programa A Xantar! inicia esta noite unha nova temporada na TVG para seguir ofrecendo a guía máis completa e variada dos establecementos gastronómicos en Galicia. Na edición desta semana, fará un percorrido por tres establecementos en que as tapas son a súa especialidade: a Taberna da Galera, na Coruña; a Taberna do Perico, en Ourense, e o Bar Pitillo, en Pontevedra.

Por outra banda, os Larpeiros manterán esta noite unha animada conversa sobre o verdadeiro ouro verde de Galicia: os pementos. O cociñeiro convidado desta semana, Carlos Parra, preparará coa axuda de Benigno Campos, pementos de Padrón con bacallau e gambas.