A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presidiu onte o Pleno da Unidade da Muller e Ciencia, onde se acordou conceder o premio Wonenburguer 2018 á microbióloga pontevedresa, Alicia Estévez Toranzo. Licenciada en Bioloxía e Farmacia e dende o ano 1991 catedrática de Microbioloxía na Universidade de Santiago (onde se doctorou en Bioloxía no ano 1980), as principais liñas de investigación de Estévez Toranzo centránse na patoloxía bacteriana en Acuicultura.