A Deputación da Coruña apoia diversos proxectos da Real Academia Galega (RAG) encamiñados ao estudo e promoción do idioma. O presidente da Academia, Víctor F. Freixanes, e a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, asinaron o acordo polo que a Deputación da Coruña achega 50.000 euros que se destinan, entre outras iniciativas, á celebración dos Cursos de lingua e cultura galegas Galego sen fronteiras, por cuxas aulas pasan cada verán ducias de estudantes procedentes de todo o mundo.