14 de octubre de 2018
14.10.2018

'A Revista' estará hoxe no último día da Semana da Tortilla de Betanzos

Farase eco da exaltación gastronómica dedicada ao prato por excelencia da vila coruñesa

14.10.2018 | 01:05

O programa A Revista Fin de Semana visita en directo Betanzos no día en que remata a Semana da Tortilla, exaltación gastronómica dedicada ao prato por excelencia da vila. Durante estes días, veciños e visitantes puideron degustar nos establecementos participantes unha gran variedade de tapas elaboradas coa gran protagonista.

Tamén estarán no estudio de gravación o oftalmólogo Andrés Suárez, que explicará como o uso recorrente de pantallas lle está a afectar á saúde visual dos nenos e adolescentes, e Isabel Blanco, presentadora de Pasaporte Galego, programa que a TVG estrea mañá e que contará a historia dos descendentes dos galegos que un día marcharon de Galicia para construír un futuro.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario