O arquivo da Real Academia Galega (RAG) enriquece o seu fondo sobre Emilia Pardo Bazán coa adquisición de 85 cartas autógrafas e inéditas ata agora que a autora enviou a súa amiga Carmen Miranda Armada ao longo de catro décadas. A entidade anunciou onte a incorporación de este material durante a presentación de novo número da revista La Tribuna. Cadernos de estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán na Coruña.

A RAG resalta que entre as cartas atopadas ata o momento escritas por Pardo Bazán -so existen misivas que recibieron os receptores xa que non se conservan as cartas que recibía ela- este conxunto de 85 misivas "é sen dúbida un dos más relevantes tanto polo volume como polo amplo periodo de tempo que abrangue desde a década dos 70 do século XIX ata a década de 1910".

Trátase das cartas que lle enviaba a súa amiga Carmen Miranda que vivía en Santiago, desde A Coruña, Meirás, Mondariz, París ou Madrid. Todas elas están asinadas pola autora e "en bo estado de conservación". Ademais moitas foron escritas en papeis con diferentes cabeceiras como da revista Nuevo Teatro Crítico, de hoteis ou balnearios que deixan "valiosas referencias biográficas" da escritora.

Carmen Miranda, receptora de estas cartas, pertencía a unha familia de rendeiros e estaba casada con Jacobo Pedrosa y Ulloa, un dos principais xefes do carlismo galego. Por iso, segundo explica a Real Academia Galega nalgunhas delas "hai comentarios interesantes sobre a militancia tradicionalista de Emilia Pardo Bazán". Ademais, estas misivas serven para coñecer a relación da autora galega coa moda feminina da época xa que moitas delas xiran arredor do intercambio de noticias ou apreciación sobre as distintas modas e incluso nalgunhas delas hai algún bosquexo de vestidos realizados pola propia Pardo Bazán.

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, o director da revista La tribuna, Xosé Ramón Barreiro, a subdirectora, Pilar Couto e a secretaria, Cristina Patiño así como a doutora Mar Novo e o técnico do arquivo da RAG, Ricardo Axeitos, participaron no acto de presentación tanto das cartas adquiridas como do novo número da publicación que tivo lugar na sede da Real Academia Galega na Coruña.

Nesta nova edición de La tribuna, publícase o libreto no que Javier Ozores adapta a novela homónima da autora coruñesa da man de Gabriel Bussi que asina a parte musical. O propio Ozores explicou cómo foi a adaptación no acto de onte, no que Mar Novo analizou a labor de Pardo Bazán no relato. Novo é especialista neste tema xa que centrou a súa tese de doutouramento nos contos da autora. A vida de Bazán no 1916 e os persoaxes femininos das súas obras, outros dos contidos da revista.