A Real Academia Galega (RAG) e a ONCE colaborarán para fornecer ás persoas cegas e con discapacidade visual severa dos recursos lingüísticos e técnicos necesarios para se expresar integramente, oralmente e por escrito, en galego. Este é un dos compromisos que se establecen no protocolo de colaboración entre ambas institucións que asinaron onte na sede da Academia o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan.