Despois protagonizar hai uns días un divertido momento Lost in traslation cos Javis, a coruñesa Sabela viviu un onte na Academia de Operación Triunfo un episodio de morriña lingüística que non pasou inadvertido nas redes sociais.

A cantante estaba xunta a outros dous compañeiros no sofá cando se dirixiu a súa nai -quizáis na esperanza de que a estivese a ver na retransmisión en directo- para dicirlle o moito que lle gustan as zapatillas que lle mercou. Pronunciou a frase en castelán en logo engadiu: "Qué raro hablarle a mi madre en castellano. Mamá, encántanme estas zapatillas que me compraches". O seu compañeiro de Academia repetiu esa última palabra intentando imitar o acento galego, con éxito discutible, algo semellante a cando, hai varias semanas, Sabela quixo explicar ós seus compañeiros da Academia o que é o koruñoSabela koruño.

Logo diso, onte Sabela manifestou a súa morriña lingüística. "Teño moitas ganas de falar galego. Levo dous meses e xa me sinto rara. Vou falar galego todo o rato (sic)". A cantante, que nos últimos días tense convertido na favorita da edición, estivo a piques de quedar fóra de Operación Triunfo nas primeiras semanas. Daquela, elixiu unha canción no seu idioma, de Rosa Cedrón, para salvar a súa participación no concursoRosa Cedrón.