27 de noviembre de 2018
27.11.2018

Uns 200 alumnos cursarán por primeira vez o Stembach

27.11.2018 | 01:36

Uns alumnos de 15 centros educativos de Galicia cursan por primeira vez este ano o Stembach, o Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía posto en marcha pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional como unha iniciativa pioneira ao abeiro da Estratexia Galega para a Educación Dixital, Edudixital 2020.

Seis dos centros seleccionados están na provincia da Coruña e aglutinan 80 alumnos; tres en Lugo, con 37 alumnos; un en Ourense, con 19 escolares; e catro na provincia de Pontevedra, con 63 estudantes. Os seis centros da provincia coruñesa son o CPR Plurilingüe Compañía de María e o IES Agra do Orzán, na cidade coruñesa; o IES Sofía Casanova, en Ferrol; o IES Plurilingüe Rosalía de Castro e o IES Arcebispo Xelmírez II, en Santiago; e o IES María Casares, en Oleiros.

O alumnado que curse este Bacharelato, no segundo ano deberá desenvolver un proxecto de investigación similar ao traballo de fin de grao, que será co-dirixido por un docente dun departamento universitario ou dun centro de investigación de prestixio do Sistema Universitario de Galicia (SUG), e será titorizado polos profesores que impartan a materia de afondamento STEM. Tamén cursará unha materia extracurricular semanal, de dúas ou tres horas relacionada co ámbito de materias STEM e cunha orientación ao traballo na mellora das competencias comunicativas e dixitais. O Bacharelato complétase con conferencias, obradoiros ou proxectos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.