A pegada que deixou María Victoria Moreno na literatura para o público máis novo abriu esta tarde o simposio que a Real Academia Galega (RAG) lle dedica á protagonista do Día das Letras Galegas 2018. "Achegou en cada momento ao sistema literario infantil e xuvenil galego novidades que a levaron a ocupar un lugar de honra no mesmo", concluíu Blanca Ana Roig, onte, na conferencia inaugural.