11 de diciembre de 2018
11.12.2018
ESPAZOS EDUCATIVOS

'Premio Proxecta' a dez centros educativos galegos

11.12.2018 | 01:19

A Consellería de Educación convocou o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2018, co que se re coñece e visibiliza a calidade dos traballos que desenvolveron 10 centros educativos da comunidade galega ao abeiro do Plan Prox ecta.

Na categoría A, na que están incluídas as escolas de Educación Infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de Educación Infantil e Primaria, e colexios de Educación Primaria; o primeiro premio foi para o CEIP Barrié de la Maza (Santa Comba), o segundo para o CEIP de Piñeiros (Narón) e os terceiros para o CEIP Plurilingüe Os Casais (Fene) e o CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas). Ademais, concedeuse un accésit ao CEIP Xosé Manuel Folla Respino (Vilamartín de Valdeorras).

Na categoría B, dirixida aos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria, centros integrados de formación profesional e centros públicos de educación e promoción de adultos, o primeiro premio foi para o IES de Cacheiras (Teo), o segundo para o CPI Uxío Novoneira (Pedrafita do Cebreiro) e os terceiros para o CPI Plurilingüe de Vedra (Vedra) e o IES Sánchez Cantón (Pontevedra). A maiores, concedeuse un accésit ao IES Celanova Celso Emilio Ferreiro (Celanova). A dotación dos galardóns ascende a 28.000 euros; os primeiros obteñen 6.000 euros, os segundos 4.000 e os terceiros 2.000 euros.

O P lan Proxecta chegou o curso pasado a 515 centros sostidos con fondos públicos e preto de 123.000 alumnas e alumnos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.