A Revista da TVG se desprazará hoxe en directo ata Oleiros para coñecer unha artesanía moi especial. No concello coruñés realizan uns capazos de tendencia, como o que luciu a raíña Letizia este verán durante as súas vacacións estivais en Palma de Mallorca. Desde que isto se coñece, chegaron mesmo a esgotarse. O fabricante explicará hoxe para o programa como se elaboran estes lucidos complementos. No estudo de gravación, a presentadora, Irene Lamas, recibirá a cantante galega Lucía Pérez, que ten novo disco, Quince soles, un traballo feito íntegramente en galego.