19 de diciembre de 2018
19.12.2018

'Apoderamento', 'fariña' ou 'feminismo' optan a ser a Palabra do Ano 2018

O prazo de votación a través do Portal das Palabras da RAG estará aberto ata o día 25

19.12.2018 | 01:47

"Apoderamento", "deseucaliptización", "fariña", "fascismo", "feminismo" e "sororidade". Estas son as seis palabras que optan a se converter na Palabra do Ano tras a fase de recollida de suxestións que rematou na medianoite do pasado domingo cunha notable participación. A votación que decidirá cal é a gañadora permanecerá aberta ata o día 25 ás 23.59 horas nesta ligazón: https://portaldaspalabras.gal/palabradoano/. O Portal das Palabras, a web de divulgación do léxico galego da Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié e promotora desta iniciativa, anima a toda a cidadanía a participar na escolla colectiva da voz que mellor define, retrata ou resume o ano que está a piques de rematar ou un trazo destacado deste. A Palabra do Ano 2018 darase a coñecer o vindeiro día 27.

Na primeira fase da campaña recibíronse máis de 7.000 achegas que se traduciron en 962 termos diferentes, unhas cifras que reflicten a consolidación desta iniciativa que o Portal das Palabras puxo en marcha en 2014. Calquera dos finalistas cumpren requisitos claros para se converter no elixido polo público: ser dos máis repetidos na recollida de propostas, referirse a realidades ou fenómenos que están a marcar dalgún xeito a actualidade desde 2018, irromper con forza na linguaxe cotiá ou mesmo cobrar visibilidade como marca de iniciativas cívicas.

"Feminismo" figura entre as voces candidatas xusto nun ano en que as mulleres encheron o 8 de marzo masivamente ás rúas de toda Galicia, España e moitos outros recunchos do mundo para reclamaren igualdade real en todos os ámbitos da vida.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.