08 de enero de 2019
08.01.2019
La Opinión de A Coruña

A nova tempada do CGAI da Coruña, hoxe no 'Zigzag' diario da TVG

08.01.2019 | 00:55
Pilar G. Rego.

O programa Zigzag recibirá hoxe a visita de Cristina Balboa e Manuel Parra, que presentan o Proxecto Pank no Salón Teatro de Santiago ata o día 17. Masa Madre+Sal Marina, a obra que representan, supón un encontro entre dous creadores para a realización dunha peza dramatúrxica sobre dúas compostelas.

O espazo da tvG2 tamén falará coa escritora e ilustradora Nuria Díaz, que presenta El gran hotel Wes Anderson, un paseo polas cores, as simetrías e as obsesións temáticas do cineasta estadounidense, un dos directores máis orixinais das últimas décadas. Este libro repasa a súa vida e celebra a súa desbordante creatividade.

Por outro lado, Zigzag ofrecerá un adianto do novo traballo de Dios Ke Te Crew, que acaba de publicar Silencio, tema co que o mítico grupo de hip hop en galego regresa tras varios anos de inactividade. Este berro a favor da liberdade de expresión é o primeiro avance do seu novo disco, que se publicará na primavera.

Ademais, o programa presentado por Pilar G. Rego interesarase pola nova temporada do CGAI da Coruña e falará da presenza do galego en Twitter da man da colaboradora María Yáñez.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

SELECTIVIDAD A CORUÑA 2020


Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias

Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.