A Televisión de Galicia (TVG) ofrece esta noite a segunda e última entrega do documental O peso da cociña galega: Picadillo, que lles facilita aos espectadores achegarse á alimentación dos galegos da man do máis grande dos nosos cociñeiros: Manuel María Puga y Parga. El mesmo, coa axuda dos máis destacados cociñeiros e expertos actuais, vai descubrindo a verdade sobre a gastronomía galega. Da súa man, a audiencia coñecerá tamén a vida dun personaxe singular, espadachín, viaxeiro, cociñeiro, xornalista, alcalde e humorista.

Neste documental, Picadillo debulla a súa vida en base a anécdotas e receitas, o que permite achegarse aos auténticos chefs actuais da cociña galega para pescudar se existe realmente algo ao que se poda chamar como tal.

Que é a cociña galega? Por que a fixo así o pobo ao longo dos tempos? En que nos diferenciamos dos demais? E por que nos diferenciamos dos demais? Como sabe Galicia? Coa axuda de personalidades históricas da gastronomía e dos novísimos cociñeiros de Galicia, o documental percorrerá un camiño apaixonante, saboroso e con moito humor, xa que o guía é un personaxe moi querido e cunha bonhomía lendaria.

A través del, os espectadores coñecerán aos Picadillo da actualidade (Solla, Freitas, Olleros...), pero tamén a Emilia Pardo Bazán e a Álvaro Cunqueiro, así como expertos en gastronomía e a festas populares. Este documental permitirá velo en perspectiva.