17 de enero de 2019
17.01.2019

A nova montaxe de Teatro do Noroeste, protagonista do 'ZigZag' de hoxe na TVG

O espazo entrevista estará a Eduardo Alonso e Manuela Varela, director e actriz de 'Da avaricia, a luxuria e a morte'

17.01.2019 | 00:53

O programa Zigzag da tvG2 contará hoxe coa presenza de Eduardo Alonso e Manuel Varela, director e actriz da nova montaxe de Teatro do Noroeste: Da avaricia, a luxuria e a morte. Trátase dunha adaptación da obra de Valle-Inclán en que o autor, de xeito maxistral, trenza nas tres obras que a configuran os dous únicos motores que moven o mundo humano, a avaricia e a luxuria, co seu inevitable tránsito final cara ao óbito.

O espazo da tvG2 tamén ofrecerá unha reportaxe sobre a exposición Boix, el fotógrafo de Mauthausen, que se pode ver este mes en Lugo. O barcelonés Francisco Boix axudou a condenar a barbarie nazi grazas ás fotografías que tomou do campo de concentración e que serviron de proba durante os xuízos de Nuremberg.

No tempo dedicado á música, o programa falará do regreso ao Vello Cárcere de Lugo do Ciclo Liberdades Sonoras, co concerto o vindeiro sábado de Marina Herlop, pianista de formación clásica e delicada destreza. A artista catalá suma ás súas peculiares composicións ao piano capas de electrónica brillante e sintetizadores, todo isto fiado por unha voz luminosa, máis atrevida e arriscada ca nunca.

Ademais, Zigzag referirase á chegada á Sala Radar de Vigo, desde Melbourne, da artista Leah Senior para presentar Pretty Faces, o seu segundo álbum.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.