A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, sinalou que ve "con preocupación" a perda de galego falantes e recriminou a "algúns representantes políticos" da Xunta a súa falta de uso. "Sempre estamos a falar de loitar pola pervivencia do idioma. Diciámolo hai 50 anos e seguímolo dicindo agora. Por aquel entón tiñamos moitas esperanzas, que parecían ben fundadas, en que o autogoberno e a recuperación dos dereitos lingüísticos ían supoñer unha quebra na perda de falantes que o idioma tiña, que era moito menos significativa do que se percibe neste momento", asegurou nunha entrevista a Radio Nacional.

Álvarez apuntou que "é motivo de preocupación" que, a pesar do autogoberno e da implementación de medidas a favor do galego non se interrompeu a "sangría" de falantes. Así mesmo, dixo non ser "pesimista" con esta situación. "Estamos en condicións de saber que é o que lle pasa ao paciente e como o podemos coidar", engadiu.