A Revista da Televisión de Galicia (TVG) falará hoxe en directo cun dos mellores cociñeiros do mundo, o chef vasco Martín Berasategui. O cociñeiro, que conta con dez estrelas Michelín, dará un curso en Santiago arredor dos hábitos de vida saudables.

No programa tamén se falará doutros empregos con moita demanda pero nos que cada vez hai menos xente, como son os mecánicos, soldadores ou fontaneiros. Para abordar este tema estará na Revista unha orientadora laboral, Alicia Leal e o programa asistirá en directo ao IES de Valga, onde se imparte o ciclo de mecánica para falar con alumnos e profesores.

Ademais, este venres conmemórase o Día Internacional do Cancro Infantil, polo que estará no espazo a psicóloga da Asociación Española contra o Cancro (AECC) Lucía Álvarez-Santaullano.