A detención de Celso Emilio Ferreiro no ano 1937 serve de punto de partida para a nova entrega do gran proxecto da historia da nosa literatura iniciado por Xosé Ramón Pena en 2013. O autor presentou Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A longa noite na Real Academia Galega (RAG), acompañado do director de Xerais, Fran Alonso, e de Xesús Alonso Montero.