29 de abril de 2019
29.04.2019

O 'Zigzag' celebrará hoxe o Día da Danza con Marta Alonso e Raquel Oitavén

O espazo repasará a pegada do Premio Pitzker na arquitectura de Galicia

28.04.2019 | 19:52

O programa cultural Zigzag comeza a semana celebrando o Día Internacional da Danza con Marta Alonso, de Traspediante, e Raquel Oitavén, de Duelirium. Ambas as dúas compañías, relacionadas coa danza contemporánea, pertencen ao Colectivo Verticalia.

O porco de pé, de Vicente Risco, é unha das novelas fundamentais da narrativa galega. A Fundación do escritor ourensán acolle unha nova exposición permanente, que visitará o espazo da tvG2, dedicada a recrear o mundo de don Celidonio, o personaxe sobre o que Risco constrúe a súa satira sobre a burguesía de comezos do século XX.

Por outro lado , Zigzag visitará no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol a exposición Fume, de Fernando Patiño, que co fume das chamas crea fascinantes retratos e escenas interiores. Nesta mostra, o artista reúne case 40 obras creadas coa súa particular versión do fumage, unha técnica inventada en 1936 polo artista surrealista Wolfgang Paalen.

Co recoñecemento ao xaponés Arata Isozaki, son tres os arquitectos con Premio Pitzker que teñen edificios en Galicia. Ao Isozaki da Domus da Coruña súmase o Álvaro Siza do CGAC e da Facultade de Xornalismo de Santiago de Compostela e Aldo Rossi co Museo do Mar de Vigo. Co decano do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), Antonio Maroño, o programa de canle autonómica repasará hoxe a importancia destes edificios.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.