12 de mayo de 2019
12.05.2019
La Opinión de A Coruña

'Ribeiras de salitre' coñecerá esta tarde o factor humano do porto de Barallobre

O programa da TVG estará nese enclave do de Fene, exclusivamente marisqueiro

11.05.2019 | 19:21
X. H. Rivadulla Corcón conversa con Antonio Vilar.

En calquera porto, o comportamento do mar é altamente determinante, pero tamén o é o factor humano, a actitude dos homes e mulleres do mar. Ribeiras de salitre coñecerá esta semana o factor humano do porto de Barallobre, no concello de Fene, un porto exclusivamente marisqueiro onde exercen 130 asociados á confraría, cunha pequena incidencia das artes menores. O programa irá ao mar cos mariscadores Carlos e Roberto Vázquez, tío e sobriño, que traballan no marisqueo a flote a ostra, un molusco que hai que capturar en fondos rochosos. De aí pasará á lancha do patrón maior Jorge López, que contará os plans para darlle máis vida á ría de Ferrol, encamiñados a recuperar postos de traballo.

Barallobre é unha confraría cunha cetaria de venda ao público onde traballa Paula Otero, que explicará como funciona, o seu obxectivo e como poden comprar alí tanto particulares coma hostaleiros ou distribuidores por xunto. X.H. Rivadulla Corcón tamén falará hoxe con Antonio Vilar, un sabio do marisqueo, aínda que leva pouco tempo desenvolvendo este oficio. El é un estudoso das posturas e movementos que teñen que realizar os mariscadores e mariscadoras para desempeñar o seu traballo e, en función disto, deseña diferentes ferramentas.

Os biólogos son figuras centrais nas confrarías, especialmente nas que teñen o marisqueo como actividade principal. Un biólogo con longa experiencia é Joam Ferreiro, que exerce en Barallobre desde hai xa 13 anos, o que lle permite ser un fondo coñecedor desta ría en moitos sentidos. Tamén lles ensinarán o porto de Barallobre aos espectadores as mariscadoras Rocío Carreiras, Irene Vázquez e Marisa Vázquez, que, ademais de amosar o espírito inquedo do seu oficio, cociñarán para o equipo de Ribeiras de salitre e prepararán unhas filloas recheas de ameixa, berberechos e mexillóns e unhas zamburiñas á prancha.

O factor humano tamén é totalmente determinante na música, xa que grazas a el calquera obxecto que poida emitir sons pode ser utilizado para interpretar melodías. Mesmo un fouciño, instrumento co que fai música o grupo tradicional Xerfa, que hoxe actúan no programa.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

SELECTIVIDAD A CORUÑA 2020


Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias

Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.