Un 40% da poboación adulta de Galicia ten hipertensión arterial, una patoloxía que os médicos califican de "asasina silenciosa" xa que pese a non dar síntomas "é a principal causa prevenible de enfermidade cardiovascular e morte en países desenvoltos", segundo explica José Luis Díaz, membro da Sociedade Galega de Medicina Interna con motivo do Día Mundial de Hipertensión que conmemórase hoxe.

"Os pacientes con hipertensión arterial non tratada ou mal controlada poden sufrir ao longo dos anos diversas complicacións cardiovasculares como anxina ou infarto de miocardio, morte súbita, insuficiencia cardíaca, hemorraxia cerebral, trombose ou embolia cerebrais", indica este especialista.