17 de mayo de 2019
17.05.2019
La Opinión de A Coruña

Queremos Galego sacará o idioma á rúa en 13 municipios para pedir "liberdade, igualdade e xustiza"

16.05.2019 | 23:50

A lingua galega é cada ano a gran protagonista das Letras Galegas e xunto aos actos conmemorativos, literarios e lúdicos propios do 17 de maio, tamén se atopan oscentrados nunha vertente máis reivindicativa. A plataforma Queremos Galego convocou unha campaña de mobilizacións en múltiples comarcas do territorio, nas que sacará o idioma ás rúas e pedirá "liberdade, igualdade e xustiza" para os galegofalantes coincidindo, ademais, coa proximidade dos comicios municipais.

En total, serán 13 mobilizacións coas que a plataforma, composta por máis de 700 entidades unidas pola defensa do idioma, buscará levar e estender o efecto da súa tradicional manifestación en Compostela con motivo das Letras Galegas a diferentes localidades. En palabras do presidente da Mesa, Marcos Maceira, o obxectivo é "visibilizar unha maioría social" que quere vivir en galego e achegala aos termos municipais.

As citas coas urnas, tralas xerais e coas municipais e as europeas á vólta da esquina, tamén motivan parte do discurso da plataforma e das súas reivindicacións, advertindo da "persecución" á diversidade lingüística emprendida por algunhas organizacións políticas do Estado.

Estas accións prodúcense nun momento "crítico" para a lingua galega, sinalou Maceira, ante os problemas de transmisión interxeneracional do idioma, advertindo de que preto do 23% dos menores de 15 anos afirman que non se saben expresar en lingua galega, segundo datos do Instituto Galego de Estatística.

A iso uniu as "dificultades de todo tipo" que persisten para exercer unha vida plena en galego, tanto polas escasas disposicións legais que permiten o uso do idioma na administración como polas carencias de atención en ámbitos como a sanidade e a xustiza, onde o 95% das sentenzas están en castelán.

No mesmo acto, o secretario xeral da CIG-Ensino, Suso Bermello, arremeteu tamén contra esta chamada "persecución absoluta, total e decidido" contra a diversidade lingüística, coa que se busca "limitar o idioma a algo folklórico, residual e ornamental".

As protestas celebraranse ás 12,00 horas na Coruña (Praza de Galiza), Santiago de Compostela (Alameda), Ferrol (Praza Vella), Carballo (Praza do concello), Lugo (Praza Maior), Burela (Praza da Mariña), Monforte (Praza de España), Ourense (Praza do Ferro), Pontevedra (Praza da Peregrina), Vigo (Saída do cruzamento da Vía Norte con Rúa Urzáiz), A Estrada (Praza do mercado), Cangas (Praza do concello) e Lalín (Praza da igrexa).

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

SELECTIVIDAD A CORUÑA 2020


Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias

Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.