19 de mayo de 2019
19.05.2019
DESCUBRE FDS
Os nomes, parte do patrimonio galego

Galicia no ADN e no DNI

5 personaxes de diferentes ámbitos comparten cos lectores de LA OPINIÓN a historia dos seus nomes "100% galegos" e reivindican as denominacións autóctonas como "parte do noso patrimonio"

18.05.2019 | 23:28
Galicia no ADN e no DNI

Breixo: do nome latino Verissimus, superlativo de uerus, "persoa que sempre di a verdade". Antía: do grego Anthia, "florida", "extraída das flores". Referíase ao primeiro panal de mel que fabricaban as abellas, tamén chamado en galego entena. Fiz: do latín felix, felicis, "frutífero, fértil, fecundo" e despois "favorito dos deuses", de onde se derivou o significado de feliz. Lopo: do alcume latino Lupus, "lobo". Augura a quen leva tal nome as cualidades positivas deste animal; Minia: de orixe incerta, tal vez etrusca. Evoca o nome latino do río Miño ( Minius) que, mais dunha vez, se relacionou co minium, "cinabrio", "minio", "óxido de ferro ou de chumbo, mercurio ou arsénico"; Uxía: deriva do grego Eughéneia, cuxo significado é "nobreza de nacemento". E tamén Brais, Sabela, Bieito, Estevo, Xela, Tegra, Xiana, Cibrán, Lúa, Xil, Airas, Alexandre, Breogán... Durante décadas, permaneceron silenciados, ocultos, prohibidos nunha longa noite de pedra. Pero o que trata de borrarse non sempre se desvanece e, nos últimos tempos, os nomes propiamente galegos están a vivir un certo „aínda que lento„ rexurdir de maneira que, na actualidade, supoñen algo mais do 13% do total en Galicia. Con todo, unha porcentaxe que aínda está moi lonxe das cifras de comunidades como o País Vasco ou Cataluña, onde son maioría absoluta as denominacións autóctonas.

Dous días despois da conmemoración do Día das Letras Galegas, festividade adicada este ano ao etnógrafo e profesor Antonio Fraguas, a primeira catedrática de Astrofísica de Galicia, Minia Manteiga; a presidenta de Fundación Manuel María e viúva do poeta, Saleta Goi; a cantautora e directora artística do Festival Internacional de Lusofonía Cantos na Maré, Uxía Senlle; o gaiteiro e membro fundador de Luar na Lubre, Bieito Romero; e a escritora e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil Ledicia Costas comparten cos lectores de LA OPINIÓN a historia dos seus nomes "100% galegos", as anécdotas mais divertidas „e tamén as mais emocionantes„ que lles teñen acontecido polo mundo adiante por chamarse así e, sobre todo, aproveitan a ocasión para reivindicar as denominacións galegas como "parte do noso patrimonio". Todos eles animan aos novos pais a poñer nomes galegos aos seus fillos como un xeito mais de "promover o noso idioma", e advirten de que hai denominacións "fermosísimas" en galego que "corren o risco de desaparecer". Por eles, dende logo, non vai ser. Os cinco levan a Galicia no seu ADN, e tamén no DNI.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.