O presidente da Real Academia Galega (RAG) recibiu onte na sede da institución, na rúa Tabernas da Coruña, a visita do delegado do Goberno de España en Galicia. Víctor F. Freixanes agradeceu en nome da Academia a visita de Javier Losada, con quen mantivo unha xuntanza na que abordaron as necesidades da RAG e a importancia de apoiar as linguas do Estado. Losada interesouse polos recursos que precisa a Academia e comprometeu o seu apoio e o do Goberno central para que reciba o financiamento que merece como entidade que traballa a prol do idioma.