26 de junio de 2019
26.06.2019
La Opinión de A Coruña

Losada compromete o apoio do Goberno coa financiación da Real Academia Galega

25.06.2019 | 21:48
Víctor F. Freixanes e Javier Losada, onte, na sede da RAG.

O presidente da Real Academia Galega (RAG) recibiu onte na sede da institución, na rúa Tabernas da Coruña, a visita do delegado do Goberno de España en Galicia. Víctor F. Freixanes agradeceu en nome da Academia a visita de Javier Losada, con quen mantivo unha xuntanza na que abordaron as necesidades da RAG e a importancia de apoiar as linguas do Estado. Losada interesouse polos recursos que precisa a Academia e comprometeu o seu apoio e o do Goberno central para que reciba o financiamento que merece como entidade que traballa a prol do idioma.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.