09 de julio de 2019
09.07.2019
La Opinión de A Coruña

O actor Miguel de Lira protagoniza a entrega de hoxe de 'A Noite de...'

O programa da TVG fará un repaso pola traxectoria do intérprete na canle autonómica, marcada polo seu papel en 'Mareas vivas'

08.07.2019 | 21:09
O actor Miguel de Lira.

A Televisión de Galicia (TVG) dedica esta semana o biopic televisivo A Noite de... ao actor Miguel de Lira. Aínda que moita xente pensa que se apelida así, os espectadores descubrirán en Miguel Domingo García Martínez un auténtico embaixador do lugar onde naceu, ata o punto de utilizalo como nome artístico.

O programa fará un repaso da súa traxectoria na Televisión de Galicia, marcada, sobre todo, pola súa participación na serie Mareas vivas, emitida por primeira vez hai xa 20 anos e que supuxo un antes e un despois para o audiovisual galego. O seu personaxe secundario, Evaristo Currás, acabou converténdose en protagonista e nun dos favoritos do público. Miguel de Lira explicará como preparou o personaxe e de onde xurdiron as súas expresións máis populares, ademais de desvelar as anécdotas máis divertidas da rodaxe da serie.

Pero as súas primeiras aparicións na canle autonómica galega remóntanse a moitos anos atrás, a finais dos anos 80, cando con Chévere, o seu grupo de teatro, realizaba sketches en programas como Unha de romanos e Velaí.

Ademais, Chévere presentou en varios espazos da TVG, antes das súa estrea nas táboas, distintas escenas de Río Bravo, unha das súas obras máis emblemáticas.

Ademais dos seus inicios e da súa eclosión en Mareas Vivas, recuperaranse as súas principais colaboracións coa Galega, desde as aparicións nos programas Land Rober e Tourilandia ata a participación en películas como A Esmorga e Crebinsky, pasando polo seu papel protagonista na miniserie Códice, sobre o mediático roubo do Códice Calixtino.

Tamén haberá tempo para recuperar do arquivo da canle autonómica galega un dos vídeos máis estraños e surrealistas: a entrevista nunha sauna e en albornoz que Jimmy Jiménez Arnau lle fixo no ano 1989 para o programa Arestora.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

SELECTIVIDAD A CORUÑA 2020


Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias

Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.