A maioría de queixas que recibe a Mesa pola Normalización Ligüística a a través da súa ferramenta A liña do galego,A liña do galego sobre as restricións á hora de usar esta lingua, son cara ás administracións públicas. Este é unha das principais conclusións que se extraen do balance anual dese servizo que ofrece A Mesa, en colaboración coa Deputación da Coruña, para realizar denuncias e consultas de cidadáns galego falantes para defender os seus dereitos. O presidente da entidade, Marcos Maceira, presentou onte eses datos acompañado pola integrante da Mesa Celia Armas e pola deputada delegada na área de Normalización Lingüística, María Muíño.

A administración que acumula máis queixas é a autonómica, seguida da estatal e dos concellos, asegurou Maceira, quen fixo referencia, en concreto, á Seguridade Social, organismo "non ten case nada en galego" e cuxa práctica totalidade de trámites fanse en español.

A Mesa tivo en 2018 un total de 303 queixas, 29 consultas e 58 felicitacións a través de chamadas telefónicas, correos electrónicos e mensaxes á aplicación móbil de A liña do galego. A liña do galegoAs consultas corresponden ás dúbidas que a poboación ten sobre algún aspecto relacionado con como facer algún trámite en galego, como o cambio dun apelido á súa versión na lingua de Galicia, co que A Mesa facilítalle a información para tramitalo, exemplificou Maceira. As felicitacións fanse, sobre todo, a pequenos negocios que fan esforzos por ter o seu etiquetaxe en galego ou restaurantes que, a pesar dos problemas que isto lles poida carrexar, teñen a súa carta no devandito idioma, engadiu.

O presidente da Mesa valorou "o incremento do uso da súa ferramenta", sobre todo desde que se puxo en marcha a aplicación móbil no año 2016, e agradeceu a axuda da Deputación da Coruña, á vez que animou a outras institucións provinciais a sumarse á mesma.

Maceira detallou que enviaron unha copia destas queixas á Valedora do Pobo e á Secretaría Xeral de Política lingüística, aínda que considerou que "isto é algo que debería facer de oficio a administración autonómica".

Pola súa banda, a deputada delegada na área de Normalización Lingüística, María Muíño, expresou que "é obrigado traballar para que as persoas que desexen vivir a súa vida en galego poidan exercer ese dereito".

A integrante de A Mesa Celia Armas alertou sobre a situación social que sofre o galego poñendo sobre a mesa os datos que publicou o pasado venres o Instituto Galego de Estatística (IGE), e manifestou que "un de cada catro nenos que pasaron polo ensino de Galicia non ten competencia lingüística na súa propia lingua". Con ese dato, Armas condenou que "a Xunta fracasou" e afirmou que esta administración conseguiu que a lingua "estea case desaparecida do ensino público".