10 de octubre de 2019
10.10.2019

"Se os fas rir, agradécencho con devoción"

"Os nenos necesitan sorprenderse, abraiarse, para quedar atrapados cun libro para sempre", apunta Miguel Ángel López, máis coñecidos como @Hematocrítico, o seu perfil de Twitter con milleiros de seguidores. Este 'influencer', mestre de Primaria e escritor acaba de publicar "Rapunzel con piollos" (Xerais)

10.10.2019 | 15:27
"Se os fas rir, agradécencho con devoción"

Un escritor-mestre con miles de seguidores en Twitter... Como leva o de combinar escritura, maxisterio e o papel de 'influencer' nas redes?

Gústame misturar aspectos de todas estas facetas. Supoño que hai un vínculo nas miñas ganas de explorar e de xogar cos medios dos que dispoño. Contar anécdotas dos nenos nas redes, falar aos rapaces das miñas experiencias como autor. Disfruto moito enredando nas interseccións, espremendo as posibilidades das que gozo. O vínculo entre todas estas facetas é que todas están relacionadas coas miñas ganas de comunicarme, de expresarme. De contar historias, de ensinar...

Supoño que relacionado cun talento para comunicar, sentido do humor...

Si, eu penso que teño un sentido do humor moi grande que contamina o meu punto de vista do mundo enteiro.

Vostede di que nos colexios faltan risas e sentido do humor.

Si. Os rapaces agradecen que un profesor os faga rir cun agarimo e devoción sen límites. Facerlle rir aos teus alumnos é unha fonte de satisfaccións sen fin.

No seu último libro fala dunha nena que loita unha particular batalla, a dos piollos: Rapunzel. ¿Moita pegada de conto clásico? (O lobo con botas, Axente Riciños...)

Claro. Eu escollín o mundo dos contos clásicos como escenario para enredar nesta coleción que empezou con Feliz Feroz. Os rapaces coñecen estas personaxes de enriba a abaixo e iso é moi útil para alguén que lles quere facer rir. Se Carapuchiña ou o Lobo Ferzo se comportan dun xeito diferente e sorprendente as risas están garantidas. Tamén son historias repletas de estereotipos e convencións coas que se poden facer moitos experimentos.

Que cre que engancha aos nenos nun libro LIX (Literatura infantil e xuvenil)?

No caso dos meus penso que o sentido do humor e en xeral o sentido da marabilla. Os rapaces necesitan sorprenderse, abraiarse, para quedar atrapados cun libro para sempre.

Ademais de ser un gran observador de televisión, tendo en conta o seu rol no perfil @hematocrítico, tamén foi un gran lector de pequeno?

Si, anque recoñezo que de pequeno tiraba máis para os tebeos (cómic). Fun un lector voraz de Bruguera, Astérix ou Mafalda e pasei desas lecturas a Agatha Christie ou Stephen King sen pasar pola literatura infantil tradicional que descubrín de adulto para deleite meu.

Como mestre entendo que lle gusta a relación cos pequenos e pequenas. Que cre que necesita un alumno/a, fillo/a nesas primeiras etapas?

Necesita que o escoiten. Que o coñezan. Sentirse unha persoa querida e recoñecida, aceptada, aínda que esixida.

Como ten que ser a escola?

A escola debe ser un sitio onde os rapaces poden estar a gusto. Onde poden ser eles mesmos e desenvolver as súas cualidades, recibir axuda e agarimo e sentir que participan nun proxecto colectivo que lle aporta beneficios e satisfaccións. Debe ser un lugar onde divertirse e medrar en equipo cos seus iguais.

Unha anécdota, entre miles supoño...

O colexio é unha máquina inesgotable de anécdotas divertidísimas. O outro día un rapaz de 5 anos comentaba que non podía axudar a un de 3 que lle pedía axuda porque "non falaba o idioma bebé".



Miguel Ángel nunha clase. | Daniel Puente


Novo libro: 'Rapunzel con piollos', que publica en varias linguas


Estes bichiños multiplícanse no seu cabelo

Rapunzel pasa o tempo na súa torre protexida de calquera perigo: bruxas malvadas, ogros, lobos... O que non espera é ser atacada polas criaturas máis silandeiras: os piollos! Estes bichiños multiplícanse rapidamente na súa longa melena, e non hai remedio contra eles.

Nin a limpeza de Brancaneves e os seus ananos nin o raio conxelador da Raíña das Neves, tampouco o enxeño de Garavanciño.

Os piollos construíron unha cidade no seu cabelo e non pensan marchar. Como ha facer para liberarse deles?

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.