13 de octubre de 2019
13.10.2019
La Opinión de A Coruña

O equipo de 'Ribeiras de salitre' achégase esta semana a Cedeira

O espazo da TVG amosa o importante facer dos 'percebelleiros'

12.10.2019 | 22:51
A mariscadora Pilar López con X. H. Rivadulla Corcón.

Ribeiras de Salitre achégase esta semana a Cedeira, que habita entre a contradición da xenerosidade do mar e a adversidade da súa bravura contra os seus imperturbables cantís. A confraría conta con 180 asociados e destaca o importante facer dos percebelleiros, a forma dialectal que utilizan na zona para denominar os percebeiros.

Un percebelleiro con moitos anos de experiencia é Antonio Tojeiro, que traballa só, cousa pouco habitual. O programa tamén estará co percebelleiro e músico Serxo Cés, que chegou a Cedeira hai tres décadas e construíu alí a súa vida.

Ademais, X.H. Rivadulla Corcón estará con Arancha Bouzas, que traballa de peixeira da tenda da lonxa; co patrón maior de Cedeira, Eduardo González; co mariñeiro José Ramón Blanco, que explicará cal é a relación con este mar e como se traballa, e coa mariscadora Pilar López, que contará como se creou en 2009 a primeira reserva mariña de Galicia para o marisqueo a pé.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.