20 de octubre de 2019
20.10.2019
La Opinión de A Coruña
Amador Castro

Premio Xerais

Os Xerais póñense de longo

A coruñesa Emma Pedreira, Amador Castro e Rosa Aneiros reciben os galardóns Jules Verne de Literatura Xuvenil, Xerais de Novela e o Merlín nunha gala en Vigo

20.10.2019 | 00:02
Amador Castro, Rosa Aneiros e Emma Pedreira, onte, cos galardóns.

O Museo do Mar de Vigo acolleu onte a entrega dos Premios Xerais 2019 nunha posta de longo dos galardóns que recaeran na coruñesa Emma Pedreira, Amador Castro e Rosa Aneiros.

Esta última „premiada co Merlín de Literatura Infantil pola súa obra Xelís, o guieiro de botellas de mar„ sinalaba antes da recollida do premio que "o mar está moi presente na miña obra" polo que non podía faltar nesta última. Non obstante, "o punto de partida do libro "foron as noticias e todo o que estamos coñecendo nos últimos anos das illas de plástico". A autora engadiu que é unha historia pensada para o público infantil na que se conta a historia de personaxes que pelexan contra unha illa de plástico errante.

Na súa proposta, os personaxes sorprenden porque "o heroe acaba sendo antiheroe e a persona anónima acaba sendo heroe". En definitiva, trátase dunha "loita contra os estereotipos" e contra certas persoas que xorden como salvapatrias aparentes que acaban por defraudar. Por iso, a súa mensaxe é a da "unión, perseveración e coraxe" para loitar contra o perigo.

Respecto de se busca conciencia ós máis pequenos sobre os residuos de plástico, indicou que "máis ben busco concienciar os pais. A miña experiencia cos nenos, demóstrame que os rapaces están máis concienciados cá nosa xeracion". Xelís, o guieiro das botellas de mar desenvólvese nunha illa fantástica, perdida no medio dun océano que presenta unha particularidade: tódolos puntos do litoral e os accidentes xeográficos teñen nomes que corresponden á costa de Meirás (Valdoviño) de onde procede Aneiros. A escritora galega deixou claro que escribir un libro non é cousa doada e que, nalgúns casos, as historias quedan aparcadas por diferentes cuestións. "Eu sei o difícil que é acabar un libro. A miña filla preguntoume por que gaño premios e eu respondinlle que porque consigo remata-los libros", sinalou.

Tamén antes da recollida do Premio Xerais de Novela „pola obra Shangai a Barcelona„ falou Amador Castro sobre a orixe da súa novela que naceu "da mestura de vivencias miñas e doutra xente ó meu redor. Todo saíu dunha conversa informal cun par de amigos nun enterro que é o que plasma o primeiro capítulo da novela". O fío que se comeza a coser parte dun pensamento do protagonista que se plantexa que tería sido da súa vida "se quedase na Galiza, se meus pais non me levasen a Barcelona; se sería máis feliz, se chegaría a escribir", describe Amador Castro.

O autor sinala que "buscaba que fose difícil empatizar co personaxe protagonista" que presenta como "un pouco pedante, pero creo que a xente empatiza porque ve que hai impostura niso. El pensa que o arrincaron de Galicia, que Galicia era o paraíso; regresa a ela e atopa o f ar west. El está entre o paraíso perdido e o que quixo ser e non foi; o que era e non é; e o que non o enchía en Barcelona". Sobre a cidade condal, indicou que "podes pasar 20 anos nun bloque de vivendas e non saber quen son os teus veciños".

Pola súa parte, a coruñesa Emma Pedreira „que logrou o Jules Verne de Literatura Xuvenil con Os corpos invisibles„ explicou que "a idea da novela partiu dun reto dunha serie de amigas escritoras. Plantexamos convertirnos en personaxes de ficción. Eu convetinme en Prometea Stoner para, dende aí, reescribir con certa distancia e reserva un clásico da literatura universal".

Esta autora procura que as rapazas e rapaces que lean este libro caian na conta de as roupas que levan "están fabricadas en lugares lonxanos e que neste momento están feitas en condicións de escravitude como narra o libro, con 200 anos de diferencia cando na revolución industrial había tanta diferencia de clases sociais. A situación está exactamente igual agora", denuncia.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.