Viaqua e a súa fundación, a Fundación Aquae, presentaron onte na Cidade da Cultura o proxecto Aquae STEM, xunto á conselleira de Educación, Carmen Pomar e á concelleira de Educación do Concello de Santiago, Noa Díaz. A posta en marcha do proxecto Aquae STEM ten un dobre obxectivo: contribuír á creación de vocacións STEM entre alumnas de 2º a 6º de Educación Primaria; e sensibilizar á contorna inmediata destas estudantes (compañeiros, profesorado e familias).