A comisión executiva da Real Academia Galega (RAG) recibiu onte a alcaldesa da Coruña nunha visita institucional que concluíu cun encontro no que ambas as partes ratificaron a vontade compartida de profundar na colaboración entre o Concello da Coruña e a Academia. A rexedora, acompañada polo concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, deixou constancia no libro de honra da institución da vontade do Concello da Coruña de seguir a colaborar "na defensa da nosa lingua".

7

Inés Rey visita a Real Academia Galega