A coruñesa Pilar Pallarés (Culleredo, 1957) é a escritora galardoada este ano co Premio Nacional de Poesía, que entrega o Ministerio de Cultura, pola súa obra Tempo fósil. O xurado valora a capacidade de transmitir "con profunda sabedoría e emoción a experiencia da perda" que amosa este poemario, escrito en galego. Trátase da segunda vez que un autor recibe esta distinción por una obra en lingua galega, despois de que Manuel Álvarez Torneiro o lograse en 2013 con Os ángulos da brasa. A eles hai que sumar a Gonzalo Hermo que obtivo este premio, na modalidade xoven, hai catro anos con Celebración. "Foi toda unha sorpresa recibir a noticia", aseguraba onte Pallarés, quen recoñecía sentirse "moi orgullosa" de que este premio sexa "un recoñecemento ó idioma e a poesía galega".

Dotado con 20.000 euros, o xurado elixiu a obra de Pallarés "por transmitir con profunda sabedoría e emoción, a un tempo lúcida e desgarrada, a experiencia da pérda e da destrución do vivido, do que nos configura, desde unha conciencia da paisaxe como un corpo vivo". Se embargo, a propia eutora recoñece estar sorprendida non só cos recoñecementos que recibe a obra senón "co feito de que moitos lectores se identifiquen con el". Pallarés asegura que Tempo fósil „editada por Chan da Pólvora e que xurdiu tras a desaparición da casa construída polo seu pai debido a ampliación do aeroporto de Alvedro„ é unha obra que "ten que ver con circunstancias profundas e persoais", pero da que asegura sempre tivo "moitas dúbidas". "Era un libro co que eu andaba pero que non pensaba nin publicar", confesaba onte a escritora.

Licenciada en Filoloxía Galega e Portuguesa na Universidade de Santiago e profesora de Lingua a Literatura, Pallarés comenzou a escribir poesía durante a adolescencia pero non sería ata 1979 cando publicou a súa primeira obra: Entre lusco e fusco, coa que gañou o premio Poesía Nova do Facho. Desde entón publicou numerosas obras como Sétima soidade (1983), Livro das devoracións (1996) ou Leopardo son (2011) polas que recibiu numerosos galardóns como o Premio Esquío, o da Asociación de Escritores en Lingua Galega ou o Premio da Crítica 2018, premisamente tamén pola obra Tempo fósil.

Pallarés cree que recibir o Nacional del Poesía poderá ser un "pulo" para os autores de poesía en galego. "Non só hai unha tradición de poetas en lingua galega senón que hai novos autores de poesía e moitas mulleres, algo que non pasa noutras linguas", asegura Pallarés, crítica eso si, coa visibilidade que se lle dá á literatura nesta lingua. "Séguese pensando na literatura coma a literatura española ou a traducida a este idioma. Moitas veces nas guías de recomendación non aparece a literatura galega cando hai moi bos autores", asegura.

Pallarés vai más aló e amósase crítica coa visión que se ten no país dos idiomas. "O Estado español segue tendo unha visión centralista coas linguas aínda que se tente disimular", sinala a autora que prepara un traballo sobre Ricardo Carvalho Calero, a quen califica do seu "mestre".

Pallarés é a terceira galega en recibir un premio nacional este ano tras Anxo Quintana (Xornalismo Cultural) e Xosé Manuel Núñez Seixas (Ensaio).