A campaña de divulgación da toponimia Toponimízate. Coñece os nomes da túa terra chegará entre novembro e decembro a dezasete localidades. A Real Academia Galega (RAG) coordina esta iniciativa en colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Os responsables de ambas as entidades, o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e o secretario xeral, Valentín García, presentaron onte a campaña xunto a María Luísa Pena Babío, en representación da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta, e Vicente Feijoo, especialista en toponimia do Seminario de Onomástica da RAG que impartirá as charlas.