A restauración do Pórtico, Alonso Montero e Amancio Prada, Premios da Cultura
Pilar Ponte Patiño, Soledad Penalta, os Monicreques de Kukas, a serie 'O sabor das margaridas' e o programa 'Galego en Londres' tamén resultan galardoados

O Pórtico da Gloria, na catedral de Santiago. / Xoán Álvarez
E. Ocampo / Axencias
Xesús Alonso Montero, Soledad Penalta, Monicreques de Kukas, Amancio Prada, a serie de televisión O sabor das margaridas, Pilar Ponte Patiño, a restauración do Pórtico da Gloria e o programa Galego en Londres son os galardoados dos Premios da Cultura Galega 2019, segundo deu a coñecer onte a Consellería de Cultura.
Os premiados foron distinguidos nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior por un xurado que estivo presidido polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez.
Máis concretamente, a reunión do xurado, do que tamén formaron parte o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo; o vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Xosé Manuel Núñez Seixas; a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, María del Mar Lorenzo; a académica numeraria e tesoureira da Real Academia Galega, Marilar Aleixandre; o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, Manuel Quintana; a xefa do servizo técnico-xurídico da Subdirección Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Patricia Fernández López; a produtora audiovisual, Mamen Quintas; o exdirector do CGAI-Filmoteca de Galicia, Guillermo Escrigas; o presidente da Fundación Otero Pedrayo, Juan Saco e o presidente da Fundación RAC, Carlos Rosón, celebrouse na Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura. Actuou como secretaria a subdirectora xeral de Xestión Económica e Recursos Humanos da Consellería de Cultura e Turismo, Cristina Fabeiro.
- El grupo de restauración La Penela, nuevo propietario de la antigua nave de Flex en Bergondo
- Así está la clasificación de Segunda División: El Castellón pincha y el Dépor se queda a tiro del ascenso directo
- Un microondas, tirado junto a un contenedor de papel en A Coruña
- Un trabajador de Teléfonica en A Coruña, ante el ERE: 'Me siento telefónico y seguiré siendo telefónico
- Arteixo arranca su Feria de Oportunidades: 'Tenemos una comerciante que lleva 23 años seguidos participando
- A Coruña bate su récord de creación de empresas con el tirón de Inditex y los pequeños negocios de los inmigrantes
- Nathalie Delgado, vecina de Oleiros: 'Mi perro me desfiguró la nariz y ahora tengo que vivir con él
- Los embargos de viviendas en Galicia se disparan un 44% y alcanzan la cifra más alta en cuatro años