10 de diciembre de 2019
10.12.2019
La Opinión de A Coruña

Os clubs de ciencia chegan a 119 centros

09.12.2019 | 23:21
Os clubs de ciencia chegan a 119 centros

Un total de 119 centros educativos públicos de toda Galicia, dos cales 30 son de nova incorporación, desenvolven durante este curso o Club de ciencia, unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que ten como finalidade estimular o espírito científico entre o alumnado galego e impulsar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) cara a estudos posteriores nos campos de coñecemento do ámbito científico tecnolóxico.

Por provincias, os clubs de ciencia chegan a 55 centros da Coruña (12 de nova incorporación), 13 de Lugo (3 de nova incorporación), outros 13 de Ourense (4 de nova incorporación) e 38 de Pontevedra (11 de nova incorporación). Os clubs, para os cales a Consellería destina 1.250 euros para cada centro, nacen como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan dar resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses e resolver problemas.

Este é o cuarto ano consecutivo no que se pon en marcha esta iniciativa, que arrancou como experiencia piloto no curso 2016-17 con 9 centros, un número que se foi incrementando desde entón. Agora incorpóranse outros 30 novos centros ao Club de ciencia.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

SELECTIVIDAD A CORUÑA 2020


Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias

Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.