O Pleno da Real Academia Galega (RAG) nomeou hoxe a María Rosa Lojo (Buenos Aires, 1954) membro de honra. Filla de pai galego e nai castelá, é autora dunha ampla produción como experta en literatura e dunha destacada obra creativa que a converteu nunha das escritoras arxentinas máis internacionais. En ambos os campos a súa é unha voz profundamente vencellada a Galicia. A emigración e o exilio son constantes por igual nos seus textos autobiográficos e de ficción.