A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional repartiu de forma gratuíta no presente curso escolar un total de 595.012 libros de texto do Fondo Solidario, o que alcanza a un total de 101.824 alumnos de 3º a 6º curso de Educación Primaria e dos catro cursos de ESO. Así mesmo, outros 26.592 alumnos se beneficiaron das axudas da Consellería para a adquisición de manuais, destinadas aos rapaces matriculados en 1º e 2º de Educación Primaria ou Educación Especial (que quedan fóra do sistema do Fondo Solidario, xa que se trata, con carácter xeral, de material non reutilizable).

A asignación de manuais dispoñibles no Fondo Solidario faise por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar e, de ser necesario, o centro adquire os libros complementarios que sexan precisos para garantir unha cobertura similar á que se presta en función da renda nos cursos cubertos pola convocatoria de axudas. Case sete de cada dez alumnos de Primaria e Secundaria beneficiarios do fondo recibiron seis ou máis libros de balde,

O Fondo Solidario está deseñado para garantir que as familias con nenos e nenas con rendas máis baixas sexan as primeiras destinatarias do programa de forma que poidan ser beneficiarias do maior número de libros dispoñibles.