02 de febrero de 2020
02.02.2020

A TVG estrea a serie policíaca 'Auga Seca', ambientada en Galicia e Portugal

Monti Castiñeiras, Victoria Guerra e Sergio Pazos protagonizan a nova aposta da cadea

01.02.2020 | 19:13
Fotograma da serie 'Auga seca'.

Unha historia cargada de xiros e sorpresas que terá como escenarios as cidades de Vigo e Lisboa e que recollerá o universo do tráfico de armas e a súa conexión co mundo empresarial. Isto é o que trae a partir de hoxe á Televisión de Galicia (TVG) a nova serie Auga Seca, un thriller de seis capítulos, coproducido pola TVG e a RTP (Rádio e Televisão de Portugal).

A produción de Auga Seca corre a cargo da empresa galega Portocabo, responsable de series como Luci e Vidago Palace, esta última, tamén coprodución galego-portuguesa, e conta coa colaboración da empresa lisboeta Sp-i, a produtora de televisión máis importante de Portugal.

A serie, dirixida por Toño López, ten como protagonistas os actores galegos Monti Castiñeiras, que interpreta a Mauro, un empresario relacionado co tráfico de armas; Sergio Pazos, que fai de Viñas, xefe da unidade policial encargada de crimes violentos en Vigo; e a actriz portuguesa Victoria Guerra, que interpreta a Teresa, afillada de Mauro. Nada é o que semella en Auga Seca, que seguirá a Teresa na que sen dúbida é a decisión máis arriscada da súa vida: infiltrarse nunha organización criminal para vingar a morte do seu irmán.

Auga Seca comeza cando un rapaz portugués, Paulo Duarte, aparece morto no porto de Vigo. Aparentemente trátase dun suicidio, pero ninguén na súa contorna consegue entender por que o fixo. Nin a súa irmá Teresa, que viaxa a Vigo desde Lisboa, nin o padriño de esta, Mauro Galdón, un importante empresario vigués propietario da operadora loxística onde traballaba Paulo e ao que súa a morte vai afectarlle máis do que lle gustaría.

Hai caldo!

Apadriñado por Xosé Ramón Gayoso, Adrián Díaz ponse dende hoxe á fronte de Hai caldo!, o primeiro late night gastronómico da televisión, para contar en clave de humor as novas mais tolas do mundo gastronómico e para entrevistar a famosos cociñeiros, artistas e xentes curiosas. Acompañado musicalmente da banda de un só home, Antón Ke; con colaboradores como Charlie, o panadeiro- Dj, ou Olaya Rivas, a trol vexetariana, as risas están aseguradas.

Na primeira entrega do novo programa da canle autonómica, Adrián contará como se fraguou esta loucura nun programa piloto ao que acudiu Xosé Ramón Gayoso. Nos vídeos que se emitirán en primicia, verase que Gayoso non rematou de fiarse de Adrián e mandou instalar un teléfono vermello para poder chamar se algún contido de Hai caldo! se pasa da raia.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.

 

Lo último Lo más leído