A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria (a través da Axencia Galega de Innovación, GAIN) convoca 100 novas bolsas de contratos predoutorais co fin de garantir a formación inicial dos investigadores galegos no Sistema Universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema galego de I+D+i cunha duración de tres anos. Este ano se destinan 8.129.100 euros á convocatoria.

O obxectivo deste programa, que se vén desenvolvemento desde o ano 2012, é a formación do persoal investigador desde etapas iniciais (preparación da tese doutoral), partindo da base de que, mediante procesos formativos estables, adquirirán as habilidades propias do persoal investigador. En concreto, na actualidade hai 257 predoutorais realizando os seus traballos de investigación na nosa Comunidade grazas a esta liña de apoio da Xunta de Galicia.

A contía global desta convocatoria supón un incremento de case o 7,5% con respecto a este ano, que se traduce tamén nun aumento da contía anual dos contratos para os vindeiros tres anos. Os beneficiarios, dependendo da modalidade, obterán bolsas de 25.000 ou 22.900 euros anuais.