A Rev ista da Televisión de Galicia (TVG) festexará hoxe, o Día Mundial da Radio. Neste 2020, a Unesco fai un chamamento a todas as emisoras de radio para defender a diversidade, tanto nas redaccións como nas ondas radiofónicas. Para conmemorar este día, o magazine da TVG estará en directo coa Radio Galega. No estudio de gravación estará presente Xoán Galán, responsable de Deportes da emisora pública.

Por outra banda, ás portas do Entroido, hoxe é o Día de Compadres, polo que o programa visitará unha parroquia de Monforte para ver como se están preparando para celebrar este día. Ademais, tamén estará en Xinzo cun fabricante de Pantallas, xa que o domingo é o primeiro día en que as Pantallas saen á rúa. En mesa estará María Jesús López, integrante da organización da Feira do Botelo da Fonsagrada, que se celebra esta fin de semana.